CulturaCulturaÚltima hora

O artista Xosé Poldras reflexiona en Ourense sobre a incomunicación a través da fábula “Diálogo dos peixes”

Vén abrir unha nova exposición que poderá visitarse ata o 28 de maio no Centro Cultural Marcos Valcárcel

 

Dende hoxe está aberta ao público no Centro Cultural Marco Valcárcel da Deputación a exposición “Diálogo dos peixes”, do gravador ourensán Xosé Poldras e na que reflexiona sobre os problemas de incomunicación na sociedade actual.

Como gravador experimentado que é, Poldras acude ao gravado para representar en 20 pezas una fábula na que dous bancos de peixes atópanse no medio dunha inmensidade e cada un trata de impor ou convencer ao contrario, sin existir en ningún momento a capacidede de diálogo para avanzar xuntos respectando a identidade de cada un.

O artista conta, ademáis, coa colaboración literaria de Celia Díaz Núñez e Xabier Ron. Tamén Poldras inclúe un texto literario propio como complemento explicativo desta fábula contemporánea.

Os visitantes disporán dun libro de visitas no que se lles prega que inclúan una breve reflexión sobre a mostra ou a súa interpretación do traballo amosado.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel completa esta oferta expositiva con otras dúas mostras; “Oficio e arte”, de Manuel Vidal, e “Arquitecturas”, de Nuria Lago. Estas dúas exposición rematan o día 7 de maio.

Artigos relacionados

Back to top button