ConcellosQuirogaÚltima hora

O bar O Portón, ganador do XI Concurso Quiroga de Tapas

 

Vense de dar a coñecer o nome da proposta ganadora do XI Concurso Quiroga de Tapas, celebrado entre o 29 de marzo  e o 7 de abril. Trátase do bar O Portón coa tapa “O Capricho do Portón”. Esta mañá abríanse na casa consistorial as urnas nas que estaban depositados os tapacartóns co nome dos establecementos votados polos participantes. Así, 70 votos foron para o establecemento gañador, seguido moi de preto polo Mesón Ferreiriño, con 68 votos e pola Adega da María con 63 votos.

Os encargados do reconto de votos e de comprobar que todos os cartóns estivesen debidamente selados, foron o concelleiro de Xuventude, Luís Manuel Arias, e a delegada na zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Beatriz Vila.

Seis eran os establecementos inscritos nesta edición que contou cunha numerosa participación, 323 tapacartóns debidamente cubertos. Os participantes que votaban a súa tapa favorita tamén tiñan que poñer os seus datos persoais e era importante que estes datos fosen completos e lexibles posto que todos os tapacartóns entraron nun sorteo.

 

 

Os premios para os participantes eran numerosos: 200 € e 100 € en metálico, un paseo a cabalo para dúas persoas en Hípica Os Trancos (Monforte de Lemos), unha ruta en segway ao Mirador Pena do Castelo e degustación dun viño no Mirador; degustación dun viño para dúas persoas na adega Val do Frade en Vilachá; cea para dous en Chapakuña 3; cea de carne á pedra para dúas persoas na Cervecería Chamouco, en Bóveda; cea para dous na Botica ou cestas con produtos típicos da zona: Aceiroga, Atrium Vitis, Casa de Outeiro, Deiki, EDV 2015 e Lar de Ricobao.

Artigos relacionados

Back to top button