EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA reparte 500 lentes para a eclipse entre os comerciantes asociados en colaboración co Concello

Reparto de lentes entre os comerciantes do CCA./ Fotos cedidas.

 

O Centro Comercial Aberto do Barco (CCA) vén de completar a distribución de 500 lentes especiais para o seguimento da eclipse entre os seus 100 establecementos asociados, entregando un lote de 5 unidades a cada un deles.

Esta acción foi posible grazas á cesión directa do material por parte do Concello do Barco. “Conscientes de que os horarios de apertura dos negocios impiden a moitos comerciantes acudir en horario laboral ás dependencias municipais a recollelas, articulouse esta repartición directa a través da asociación”, explica a directiva desta asociación.

Desde o colectivo manifestan, ademais o seu “sincero agradecemento ao Concello por esta iniciativa e polo seu constante apoio ao comercio de proximidade. Este xesto volve poñer de manifesto a fluída colaboración e a boa relación existente entre o comercio local e a administración municipal en beneficio do pobo”.

Back to top button