DeportesÚltima hora

O Barco, escenario da final Sub14 e Sub16 da Copa Deputación de Ourense de atletismo

 

A primeiros de xuño comezaba o calendario da XLIII Copa Deputación Ourense de atletismo que, ao longo de catro xornadas, se desenvolverá polos concellos de Pereiro de Aguiar, Esgos e O Barco de Valdeorras. Era precisamente este municipio valdeorrés o que acollía a segunda cita do calendario. Así, na tarde deste 13 de xuño as pistas de atletismo Luis Nogueira da vila eran escenario da final provincial nas categorías Sub14 e Sub16.

 

 

A competición víase acompañada nesta ocasión pola chuvia de tormenta, que caía en certos momentos.

Ao longo de todo este mes de xuño, este formato continuará xuntando a varios milleiros de participantes de todas as categorías no desenvolvemento de varias modalidades e especialidades.

A Copa Deputación está organizada pola Federacion Galega de Atletismo co patrocinio da Deputación de Ourense.

Fotos: A.R.

 

 

 

 

Back to top button