ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco presenta a súa variada programación de Nadal, con moita música, teatro e cine

Concerto de Nadal do pasado ano do alumnado do Conservatorio e da Escola de Música do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende actuacións musicais, parques de xogos, mercadiño de Nadal e carreiras solidarias ata teatro e cinema. A Concellería de Cultura do Barco vén de dar a coñecer a súa programación de Nadal de cara ás vindeiras datas festivas. O programa encetarase o vindeiro 14 de decembro cunha actuación do Orfeón Valdeorrés ás 20h. no Teatro Lauro e seguirá co concerto de Nadal do alumnado do Conservatorio e da Escola de Música do Barco o 18 de decembro ás 20h. nese mesmo escenario.

Ademais da Carreira do Turrón, o día 20, dun campamento de Nadal e dun parque de xogos inchables, non faltarán as citas teatrais, o cine e, por suposto, a tradicional cabalgata de Reis, con saída dende a estación de autobuses ás 18:30h. do 5 de xaneiro.

 

Back to top button