
O Barco de Valdeorras contará cun novo bar a partir deste 19 de decembro. Chámase SKANDALO e abre as súas portas no número 10 da rúa Abdon Blanco da vila. Trátase dunha nova aposta no mundo da hostalería de Javier Ferrer, empresario que chega ao Barco avalado polo seu bo facer no Bravo Lux da Rúa, local que anunciaba o seu peche o pasado outubro.
Javier Ferrer embárcase agora nunha nova aventura cheo de ilusión e cun concepto diferente, máis definido e enfocado a un perfil de cliente que guste da música indie, do pop-rock español dos 80 e do tardeo. O establecemento abrirá as súas portas esta tarde desde as 20:30 ata as 22:30 h. e contará cun cortador de xamón, paella, refrescos, viño e cervexa para todas e todos.
Javier Ferrer comenta que “este é o principio, non deixa de ser unha inauguración, pero o local terá que rodar e iremos vendo… queremos apostar polo tardeo, por ser un local de primeira hora no mundo da noite e por programar algún DJ e concertos segundo vaiamos vendo”.
O horario de apertura será dende as 12:00 h. da mañá ata peche e a idea de inicio é comezar a dar tapas coas consumicións, tapas que a medida que comece a rodar todo irán aumentando en variedade.