O Barco volverá formar parte do Ciclo Nacional de Cine y Mujeres Rurales, cunha proxección prevista para o vindeiro 17 de outubro no Teatro Lauro Olmo da vila. Poderá verse a película “As Neves” e está previsto que o acto conte coa presenza da actriz do filme, Andrea Fernández, segundo a información feita pública polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Este ciclo, que vai xa pola sétima edición, iniciarase mañá martes, 15 de outubro, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional das Mulleres Rurais. En acto inaugural, que terá lugar na Filmoteca Española en Madrid e é aberto ao público, proxectarase Los pequeños amores, de Celia Rico. A protagonista da película, Adriana Ozores, estará presente no acto, xunto a secretaria de Estado de Agricultura e Alimentación, Begoña García, en representación do ministerio.
A mostra, que está conformada por 600 proxeccións e actividades complementarias en 320 localidades de toda España, convida á ciudadaníá participar activamente, xa que non só pretende achegar o cinema ás zonas rurais, senón también fomentar unha maior conciencia sobre a importancia destes territorios e as oportunidades que poden xurdir a través do acceso á cultura. Toda a programación detallada pódese consultar na páxina web do ciclo: https://www.cineymujeresrurales.es/
Outras localidades galegas que tamén participan no ciclo son Cenlle, Betanzos, A Guarda, Ribadumia, Vimianzo, Parada e San Sadurniño.
Ademais, entre o 17 e o 30 de outubro, as proxeccións se podrán ver en línea en España e 11 países americanos (Arxentina, Chile, Costa Rica, República Dominicana, O Salvador, Guatemala, Honduras, Xamaica, Nicaragua, Panamá e Uruguai), a través da página web oficial do ciclo.
En paralelo á proxección das 23 películas ofrecidas, esta edición inclúe un extenso programa de actividades complementarias, que abarca exposicións fotográficas, debates, mesas redondas, concertos, cinefórums, degustacións de produtos locais, talleres e encontros.
Reflexo da realidade feminina en contornas rurais
A programación comprende 17 longametraxes e 6 curtametraxes, que destacan pola súa relación coa muller e a súa vinculación co mundo rural. As historias presentadas reflicten diversas realidades femininas en contornas rurais, e abordan temas como a identidade, a tradición e o papel fundamental das mulleres na preservación e transformación das súas comunidades.
Son producións destacadas do cinema español recente, como Un amor (Isabel Coixet), Sica (Carla Subirana), O Corno (Jaione Camborda), As Neves (Sonia Méndez), Camino de la Suerte (Jorge Alonso), e a mencionada Los pequeños amores (Celia Rico).
A colaboración entre os ministerios de Agricultura, Pesca e Desenvolvemento Rural e de Cultura, a través do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), permitiu ampliar a 21 os eventos con presentación das directoras participantes, co que se enriquecen as actividades de reflexión e debate.
Este ciclo é un gran exemplo de traballo en rede, xa que é posible grazas á colaboración coa Filmoteca Españonda, oito filmotecas rexionais, 131 residencias de maiores, 12 institutos, e numerosas asociacións, colectivos culturais, fundacións e unha ampla rede de entidades e grupos de acción local, cuxo esforzo e compromiso son fundamentais para fortalecer o tecido cultural nas zonas rurais.