
Suma e segue. Tras o ouro acadado o 3 de setembro no Campionato do Mundo de Maratón de veteranos o 3 de setembro en Vila Verde (Portugal), o valdeorrés Jesús Rodríguez León (Club Fluvial Barco) vén de conseguir outra medalla mundial nesta cita. Desta volta era o branco en barcos de equipo, en concreto no K-2 (35-39 anos) que compartía con Santiago Cruz. Remataban a proba cun tempo de 01:37:37.06. Nesta modalidade vencían os arxentinos MOZZICAFREDO Martín Mozzicafredo e Nestor Pinta.
Ademais, na xornada do 4 de setembro, tamén se subía ao podio mundial de maratón de veteranos outro membro do Fluvial Barco, trátase de Bernardo Sánchez , que compatía xunto a Ulises Diéguez, rematando o traxecto nun tempo de 01:39:31.95. Tamén nesta categoría o ouro era para un barco arxentino, o formado por Mauricio e Rodrigo Caffa.