DeportesÚltima hora

O barquense Jose López, no XXIV Campionato de España de Btt para Policías Locais na Coruña

Uns 200 participantes chegados de diferentes puntos de España competían nesta cita, celebrada este sábado

 

Arredor de 200 participantes chegados de diferentes puntos de España (incluso das Baleares, Illas Canarias, Andalucía e Ceuta) dábanse cita nesta fin de semana na cidade da Coruña para participar no XXIV Campionato de España de Btt para Policías Locais. Disputouse nun circuíto de 12,5 km ao que os ciclistas tiñan que dar dúas ou tres voltas, dependendo das categorías. Entre eles estaba o policía local do Barco Jose López, que competía na categoría máster 50, é dicir, realizaba dúas voltas.

 

 

“O percorrido foi moi espectacular, resultou unha proba moi rápida, pero desfrutei moito dela”, sinala Jose López, sinalando ademais que “a organización do campionato (Policía Local da Coruña) deixou o listón moi alto, obsequiou ás 76 comisarías que participaron nesta edición”.

Tras a celebración deste evento en Galicia, na seguinte edición colle o testigo da proba Gran Canarias.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button