
A ritmo de blues arrancarán as actuacións musicais previstas para este febreiro no escenario do Café Teatro Bajo 5 do Barco. Así, o calendario de concertos abrirase neste sábado 8 de febreiro ás 23h. da man de Distance Sisters, con entrada gratuíta.
Esta banda de blues-rock, integrada só por mulleres, nacía en Ourense durante a pandemia. Está formada por Ana Rojas, Paula Díaz, Lucía Espino e Montse Díaz. As catro comparten unha paixón e profundo respecto pola música e comezaban versionando temas clásicos do blues e do rock máis eléctrico (dende ZZtop ata Pixies). Agora traballan na composición de temas propios. A súa música poderá desfrutarse en directo neste sábado.
Despois, no Café Teatro Bajo 5 actuarán o día 12 de febreiro ás 20:30h. Ganzer e o día 15 de febreiro ás 13:30h. Virginia Maestro.
Enlace para a compra de entradas de Ganzer