PolíticaÚltima hora

O BNG defenderá no pleno do Barco unha moción para impulsar “compromisos económicos e orzamentarios” na “atención á violencia machista”

Noa Fernández, concelleira do BNG no Barco./ Foto: O SIL.

 

No vindeiro pleno municipal do Barco, previsto para a tarde do 7 de novembro, a concelleira do BNG, Noa Fernández Gómez, defenderá unha moción relativa á reivindicación do día 25 de novembro e “á necesidade de impulsar compromiso económicos e orzamentarios para garantir a atención á violencia machista”.

Fernández Gómez lembra na exposición de motivos da moción que “a  violencia machista é op roblema máis importante que afecta á vida das mulleres na nosa sociedade. Unha violencia que, malia os intentos de negala ou homologala a calquera violencia que impulsa nas posicións retrógradas da dereita e da extrema dereita, é consecuencia dun sistema de dominación social contra as mulleres, o patriarcado. Fronte a efemérides e datas sinaladas que se converten en rituais e baleiras de contido, a loita contra a violencia machista debe ser unha prioridade política, social e institucional de primeira orde manifestada en propostas concretas que melloren a aplicación e desenvolvemento das leis e dos seus instrumentos”.

A iniciativa nacionalista propón para a probación do pleno barquense un acordo con tres puntos. O primeiro deles é “aprobar e dotar orzamentariamente un plan de reforzo dos recursos e persoal necesario para poder prestar a atención precisa á saúde mental na sanidade pública e dar cumprimento ao mandato de prestar a atención asistencia psicolóxica para vítimas de violencia como un servizo de atención primaria, en coordinación coa atención especializada nas áreas sanitarias. Este plan contará cunha partida singularizada e orzada nos próximos orzamentos do goberno galego e incluirá, en colaboración co Colexio de Psicoloxía de Galiza, unha proposta de ampliación dos programas xa existentes”.

O segundo punto recolle “impulsar un novo mapa orzamentario, incrementando a súa contribución para os Centro de Información á Muller co obxectivo de reforzar e ampliar a rede galega de CIM” e o terceiro “rectificar a úa decisión de privatizar os futuros centros de crise 24 horas para a atención de mulleres vítimas de violencia sexual e garantir a presentación deste sevizo desde o sistema público de saúde”.

Back to top button