PolíticaÚltima hora

O BNG levará ao pleno do Barco a necesidade de mantemento da área recreativa do Salgueiral

 

O grupo municipal do BNG no Barco levará ao vindeiro pleno municipal, no mes de maio, unha moción relativa ao mantemento da área recreativa do Salgueiral, en Viloira, asinada polo concelleiro Manuel Agra. “A área recreativa do Salgueiral foi feita no ano 1997 sendo alcalde Julio Gurriarán. Nos últimos 20 anos o estado da área deteriorouse notablemente dando unha sensación de abandono: merendeiros con maleza e en mal estado, un estanque en desuso, bancos vellos e/ou rotos, dous areeiros de fútbol e vólei praia inutilizables, camiños en mal estado, etc.”, tal e como explican os nacionalistas no texto.

Ademais comenta, que “na marxe dereita do río Sil, dende a pasarela ata as piscinas, tamén necesita mantemento: bancos deteriorados, un merendeiro en desuso que acumula lixo, especialmente nos meses de verán e sobre todo un problema as fins de semana na entrada por Abdón Blanco, onde é frecuente atopar restos de cristais, restos de droga, feces humanas, etc.”, e apóianse en diverso material fotográfico.

En base a isto, o BNG pide, no caso do Salgueiral, que se proceda a “quitar os merendeiros en mal estado e deixar os tres que se mostran debaixo unha vez estean limpos. Suprimir o areeiro de fútbol en desuso e deixar o de e vólei praia. Este espazo, unha vez acondicionado, podería empregarse nos meses de verán para poñer un posto de bebidas ou xeados. Consideramos que pode ser un bo sitio para poñer uns palets e desfrutar dunha tarde-noite con concertos ao aire libre. Tamén se promocionarán outro tipo de actividades deportivas (ioga, pilates, etc..)”. Así como “axeitar o camiño principal, que actualmente acumula moita pedra” e, no estanque, “poñer unha rampla half pipe de skate”, “a renovación de bancos para sentarse” e “manter o parque constantemente debrozado”.

Por outra banda, na marxe dereita do río Sil, “no acceso por Abdón Blanco e Pescadores” os nacionalistas piden “limpar ben todos os días da semana” e “poñer máis iluminación nestes accesos”, a “instalación dun aseo autolimpable na parte de arriba, no propio malecón, sempre que non se poida abrir o que está pechado” a “supresión de bancos e merendeiro en mal estado”.

Neste senso, a moción conclúe cun acordo para que “o Concello do Barco, previa autorización das autoridades competentes, levará a cabo as medidas propostas anteriormente”.

Artigos relacionados

Back to top button