Ata 4 deputados obtén o BNG na provincia de Ourense nestas eleccións galegas, o que supón un máis que nos anteriores comicios e o que supón a entrada no Parlamento galego do concelleiro vianés Secundino Fernández, xunto a Noa Presas, Iago Tabarés e Sonia Vidal.
Apenas coñecidos os datos (co 96,04% escrutado), Secundino Fernández poñía en valor a subida histórica do BNG, aínda que lamentaba que non se chegara a evitar a maioría absoluta do PP.