EconomíaEconomíaÚltima hora

O Boletín da Provincia xa recolle o proxecto da Estación Intermodal

Proxecto de Norman Foster.

O Boletín Oficial da Provincia recolle hoxe, 16 de maio, o anuncio do proxecto da estación intermodal da cidade. A Xunta de Galicia e o Concello de Ourense avanzan na tramitación urbanística con “novo paso”.

A Xunta, o Concello de Ourense e o Ministerio de Fomento acordaron tramitar conxuntamente o proxecto a través da Lei de medidas en materia de proxectos públicos urxentes ou excepcional interese co obxectivo de licitar as obras este ano. Esa norma, aprobada pola Xunta o pasado ano, está destinada a facilitar a execución de actuacións estratéxicas que non estean recollidas nas normas urbanísticas.

A tramitación mediante esta norma permitirá, anuncian dende a Xunta, que a estación intermodal de Ourense conte nun prazo razoable co amparo urbanístico e a seguridade xurídica necesaria para iniciar a contratación das obras dos diferentes elementos que a compoñen. En concreto, a Xunta financiará o 100% da nova estación de autobuses e case o 70% do aparcadoiro subterráneo.

Cómpre lembrar que a estación intermodal de Ourense comprende a nova terminal de autobuses, integrada na terminal ferroviaria, a adaptación da estación de ferrocarril e elementos de conexión entre barrios. Construirase, ademais un aparcadoiro subterráneo con dúas plantas e máis de 300 prazas.

Esta infraestrutura constituirá o principal nó de comunicación de viaxeiros de toda a provincia, facilitando os desprazamentos tanto aos veciños da cidade como do resto de concellos.

Artigos relacionados

Back to top button