ConcellosQuirogaÚltima hora

O Camiño de Inverno e o viño, protagonistas do vindeiro outono en Quiroga

 

O viño e o Camiño de Inverno converteranse en protagonistas do vindeiro outono en Quiroga. Co concerto da Roda e a celebración dun novo encontro de poetas remata nesta fin de semana o verán cultural deste municipio, que xa ten a mirada posta n outono.

Unha data importante na época outonal é a celebración do San Martiño. O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, anunciou que se traballa xa no programa de actos do patrón da vila quiroguesa, onde por tradición se comen as castañas e se bebe o viño novo. Precisamente o viño terá o protagonismo que non se lle puido dar este ano.

Contando coa colaboración dunha importante persoa vinculada a un grupo televisivo, estanse poñendo sobre a mesa ideas que xuntarán o viño co Camiño de Inverno. Non en van, como matizou o rexedor local, “Quiroga ten o maior número de km do camiño de Inverno, 36 km”.

Recordando a importancia desta ruta xacobea dentro do municipio a vindeira semana comenzará a pintarse un mural de grandes dimensións que terá como protagonista unha peregrina, na praza da rúa Lago, moi preto da praza Maior, lugar no que por tradición se celebra a festa do San Martiño.

Con esta xuntanza de temas é cos que se vai traballar na organización dunha xornada festiva en Quiroga, por ser o día do patrón, e que en palabras do alcalde levará por título “San Martiño co viño no Camiño”.

Artigos relacionados

Back to top button