Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima hora

O candidato socialista Eladio Santos comprométese a impulsar o Camiño de Inverno

Nesta xornada o número 4 da lista do PSdeG mantiña un encontro coa presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras

 

O valdeorrés Eladio Santos, número 4 da lista do PSdeG-PSOE na provincia de Ourense, reuníase hoxe, tras facer un tramo do Camiño de Inverno, coa presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, Asunción Arias.

Ambos abordaban a importancia do Camiño de Inverno para Valdeorras, e o candidato quixo recoñecer o “labor de anos de loita para conseguir o recoñecemento” desta ruta como Camiño de Santiago. Por outra banda, coincidían nos “problemas de sinalización, melloras e mantemento, na nosa comarca, a tardanza en sinalizar correctamente e na necesidade de melloras en aspectos claves como a seguridade, a divulgación e actividades de difusión entre os propios valdeorreses”, dicía Eladio Santos.

O candidato socialista comprometeuse a impulsar o Camiño, “tanto en melloras como mantemento, sempre consultando e coordinadamente cos concellos que conforman o itinerario e, sobre todo, a posibilidade de impulsalo como un elemento turístico trasversal, que estea presente dun xeito ou outro en cada evento cultural, deportivo, enoturístico, gastroturístico… Trátase dunha estratexia de impulso das actividades turísticas”, concluía Santos.

Artigos relacionados

Back to top button