Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima hora

O candidato socialista Eladio Santos reúnese co presidente da Asociación de Música Alternativa de Valdeorras

 

O candidato valdeorrés Eladio Santos, número 4 da lista do PSdeG na provincia de Ourense, vén de reunirse co presidente da Asociación de Música Alternativa de Valdeorras (AMAVA), Ramón Teira, quen lle expoñía a importancia deste tipo de entidades, compostas maioritariamento por xente moza.

“Supón unha ferramenta para que a mocidade exprese a súa potencialidade artística e as súas inquietudes culturais. AMAVA leva moitos anos xa impulsando a grupos musicais e músicos da comarca. As súas demandas básicamente teñen que ver con ter máis posibilidades de realizar concertos, darse a coñecer e poder dar saída á súa creatividade artística e musical. Ramón Teira fala tamén do papel de oferta de ocio san e cultural que supón a música e considera que debe ser apoiado polas adminilstracións”, indicaba Santos.

 

 

Pola súa banda o candidato socialista trasladoulle que no programa que impulsa o PSdG nas eleccións galegas se contempla a necesidade de “gobernar en permanente contacto cos Concellos, que son os que detectan máis facilmente as necesidades do territorio e da xente. Neste caso a mocidade”. Tamén lle indicaba que no programa do PSdG, está o compromiso de “reestruturar os gastos nos festivais musicais para evitar descompesación de gastos entre macrofestivais e pequenos concertos ou festivais de músicos locais ou galegos, que tamén precisan de investimentos e apoios para seguir traballando e creando. Ademais o PSdG comprométese a elevar a inversión en cultura a un 2% fronte ao 1, 06% do actual goberno do Partido Popular. Apoiar á mocidade con inquietudes artísticas é conformar unha sociedade máis creativa e innovadora e impulsar o asociacionismo xuvenil”, asegura Santos.

Artigos relacionados

Back to top button