Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima hora

O candidato socialista Eladio Santos reúnese coa presidenta de AEVA

 

O número catro da candidatura socialista pola provincia de Ourense, Eladio Santos, mantiña esta tarde unha reunión coa presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), Araceli Fernández del Palacio, que lle expoñía as principais demandas en materia empresarial da comarca. Eladio Santos Martínez apunta que durante o encontro “trasladámoslles aos empresarios os nosos proxectos para mellorar a situación na comarca, tanto en materia económica, como sanitaria, educativa, de emprego e de mellora de infraestrutura”.

Neste senso, o candidato socialista fixo fincapé nas melloras impulsadas dende o Goberno “na liña ferroviaria con Monforte e Ourense; as bonificacións das cotizacións sociais ao pequeno empresario, a suba do salario mínimo interprofesional; ou as melloras nas comunicacións, coa reclamación para a mellora da N-120 coa creación de novos tramos cun terceiro carril de adiantamento”.

 

 

Santos Martínez tamén pon o foco na necesidade de mellorar as comunicacións entre A Rúa e A Gudiña, un proxecto que os e as socialistas levan no seu programa, xa que o consideran “vital para unir a comarca co AVE e reducir os tempos de desprazamento”.

A presidenta de AEVA trasladoulle ao candidato socialista ao Parlamento de Galicia a necesidade de “seguir mellorando a comunicación por tren; solucionar as deficiencias no transporte por autobús a estación do AVE da Gudiña; apostar pola formación activa para impulsar ao mercado novos profesionais nos diferentes sectores nos que hai carencias na comarca; ou a mellora de diferentes estradas”. PSdeG-PSOE e AEVA tamén coinciden na necesidade de impulsar un consorcio de turismo entre tódolos concellos da comarca.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button