CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco “B” comeza a liga cunha vitoria, 2-1, ante o Sporting Vilamarín

 

Tras a boa campaña que os levaba a ascender, o filial do CD Barco comezaba hoxe a nova tempada en Segunda Futgal e facíao da mellor forma posible, cunha vitoria en casa.

Na tarde deste sábado 5 de setembro comezaba a liga 2026/2027 e o campo municipal de Calabagueiros acollía o primeiro para o CD Barco que se enfrontaba ao Sporting Vilamarín e que se resolvía co 2-1 para os locais.

 

 

Eran os visitantes os que se adiantaban no marcador co primeiro gol no minuto 18, pero no 29′ Brais Vidal poñía o empate. Xa na segunda parte no minuto 89, Pablo Álvarez sentenciaba o encontro cun golazo.

O CD Rúa que compite na mesma categoría tamén gañaba, 0-3 na súa visita a Coles, liderando provisionalmente a clasificación seguido do Barco, a falta do resto de partidos que se disputarán mañá.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button