Queda deportivamente inaugurada a pretempada 2026/2027 para o CD Barco. Na tarde deste caluroso xoves 13 de agosto disputábase o primeiro partido amigable do equipo de Terceira División, nada máis nin nada menos que contra un equipo francés que está facendo un percorrido por diferentes cidades e vilas españolas, xogando contra os equipos de referencia para poñer a punto aos seus xogadores.



Así, ás 19:30 horas comezaba o CD Barco-Academia Francesa IC360, un disputado partido no que as indicacións do míster do Barco, Agustín Ruíz, mesturábanse coas do adestrador francés, unha extraña combinación poucas veces (ou nunca) vista no campo municipal de Calabagueiros.


Eran os locais os que se adiantaban no marcador cos dous primeiros goles pero finalmente o conxunto local empataba, rematando o partido en táboas.

Fotos: Mónica G. Bellver