Na tarde deste sábado 10 de outubro o campo municipal de Calabagueiros acollía un dos partidos adiantados da xornada 6 na Segunda Futgal Ourense, que enfrontaba ao CD Barco “B” e ao CD Viana. Un partido moi intenso e reñido con algunha decisión arbitral criticada, que se saldaba coa vitoria visitante.
Tras un minuto de silencio polo falecemento da avoa de dous xogadores do filial do Barco, eran os vermellos de Ricardo prada os que se adiantaban no marcador cun temperán gol de Pablo Jardón no minuto 9, pero só tres despois, no 12′ Derrick marcaba para os celestes de Pirlo, poñendo o 1-1 no marcador.


Co empate chegaba o descanso e tras o paso polo vestiario, o gol de Iván Pérez no minuto 78 sentenciaba o encontro co 1-2 final. Con este resultado o Viana suma a segunda vitoria do que vai de tempada e o Barco “B” a segunda derrota.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.