Partido de moitos goles o disputado na tarde deste domingo 12 de abril no campo das Carrelas entre o CD Viana e o CD Moreiras que deixaba os tres puntos en xogo en casa.



Tras catro derrotas consecutivas e na recta final da liga na Segunda Futgal, o conxunto celeste saltaba ao terreo de xogo en Viana coa imperiosa necesidade de sumar para afastarse da zona baixa da clasificación. E así o facía adiantándose no marcador co primeiro gol, de Enzo, no minuto 15. Saki marcaba o segundo no minto 19 pero os visitantes marcaban despois dous seguidos chegando ao descanso co empate 2-2.



Na segunda parte e con enerxías renovadas, marcaban Marcos (minuto 71) e Pablo no 75′. Os xogadores do Moreiras non se rendían e marcaban o terceiro no minuto 81 pero no 87 Saki sentenciaba o encontro poñendo o 5-3 definitivo.


O Viana sumaba así tres puntos de ouro chegando aos 35 no décimo posto da clasificación. O seguinte partido será no campo do CD Seixalbo, terceiro clasificado.




Fotos: Carlos G. Hervella.