CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Manuel Folla de Vilamartín, galardoado nos Premios Proxecta de Innovación Educativa

Acadaba o accésit na categoría A. O acto de entrega destes galardóns tiña lugar esta mañá en Santiago
A representante do colexio vilamartinés, xunto á conselleira, tras recoller o Premio Proxecta.

Entre os dez centros galegos galardoados nos Premios Proxecta de Innovación Educativa 2018 está o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín, que acadou o accésit na categoría A, na que están incluídas as escolas de educación infantil (EEI), colexios rurais agrupados (CRA), centros de educación especial (CEE), colexios de educación infantil e primaria (CEIP), e colexios de educación primaria (CEP).

“O centro conta cunha longa traxectoria no Plan Proxecta, ao que se incorporou dende os seus inicios no curso 2012/13. Logrou vertebrar a acción educativa e implicar a todo o alumnado e profesorado a través de cinco programas, en concreto Aliméntate ben, Axenda 21 escolar de Galicia, Paisaxe e sustentabilidade, Recíclate con Sogama e Protexe os animais. Con este último desenvolveron un amplo e variado número de actividades: desde a visita da protectora de animais Peludines Callejeros de Valdeorras ou a observación directa do ciclo da vida das bolboretas ata a fabricación dun ovoscopio, entre outras”, tal e como se destaca dende a Consellería de Educación.

O acto de entrega destes galardóns tiña lugar na mañá do 24 de maio en Santiago e estaba presidido pola conselleiro de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar quen definía o Plan Proxecta como “unha porta aberta á transformación, á innovación e á mellora do noso sistema educativo”.

Das iniciativas galardoadas a conselleira destacou “a súa preocupación por unha educación en valores, a vida saudable, a defensa do medio ambiente, a promoción da contorna rural ou a protección do noso patrimonio máis próximo”. Neste sentido lembrou que para saír adiante estes proxectos precisaron dun traballo de coordinación e cooperación entre diversos departamentos do Goberno galego, así como con outras entidades. “Grazas a todos eles logramos integrar dinámicas que incentivan a creatividade, o pensamento crítico, a xestión da diversidade e, por suposto, o traballo en equipo e en rede”, dixo.

 MeteoEscolas

Tamén resultaba distinguido nestes premios o IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, que obtivo o accésit na modalidade B, dirixida aos centros públicos integrados (CPI), institutos de educación secundaria (IES), centros integrados de formación profesional (CIFP) e centros públicos de educación e promoción de adultos.

Artigos relacionados

Back to top button