ConcellosÚltima hora

O CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) inicia un novo curso escolar

 

O profesorado do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) recibía esta mañá de 11 de setembro ao seu alumnado co centro decorado para a ocasión e entre saúdos e sorrisos. As portas do centro abríanse a partir das 9:10h.-9:15h. para o alumnado de educación primaria e infantil.

Os cativos, guiados polas súas profesores, dirixíanse as súas clases para comezar, despois do descanso estival, un novo curso con moita ilusión.

No caso dos alumnos máis pequeniños, os de 3 anos, establecéronse varios grupos con horarios diferentes durante os dous primeiros días de curso. A partir do 18 de setembro a entrada habitual ao centro será para eles ás 9:15h. Uns 110 nenos e nenas están matriculados neste curso no CEIP Otero Pedrayo de Viloira.

Fotos: A.R.

 

Cedida.

Artigos relacionados

Back to top button