CulturaCulturaÚltima hora

O Centro de Día presenta o seu Belén cunha xornada de portas abertas o 20 de decembro

 

Mañá venres, día 20 de decembro, o Centro de Día de A Ribeira organiza unha xornada de portas abertas para presentar ao público o seu Belén de Nadal. O evento contará con dúas franxas horarias, de 10:30h a 12:30h e de 16h a 18h, nas que os visitantes poderán desfrutar da exposición do Belén. Durante a xornada, ofrecerase café e bica aos asistentes, creando un ambiente acolledor e festivo.

Ademais, esta xornada de portas abertas ofrece unha excelente oportunidade para coñecer de preto o traballo que realiza o centro e para que outras persoas maiores poidan informarse sobre as actividades que se desenvolven nas súas instalacións.

O Belén permanecerá exposto durante todas as festas de Nadal para que veciños de Quiroga e arredores poidan visitalo en calquera momento.

Back to top button