
A Asociación de Festivais Europeos (EFA), apoiada pola Comisión Europea e polo Parlamento Europeo, acaba de concederlle o Selo de Calidade Europeo EFFE LABEL ao Ciclo Santa Cristina in musica, que leva só tres anos desenvolvéndose no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil)
Segundo indica a coordinadora do ciclo, Conchi da Silva, tras presentar a candidatura con todos os datos destas tres edicións celebradas, a Asociación de Festivais Europeos resolveu en primeira instancia integralo na web de Festivais europeos, e posteriormente, analizando con profundidade os datos, resolver coa citada distinción.
Este ciclo de música, que se define como un diálogo musical na Ribeira Sacra, programa dous concertos en dous sábados consecutivos no mes de setembro en ese espazo tan singular tratando de ofrecer ao público dúas propostas diferentes pero ao mesmo tempo establecendo unha relación entre elas. Só por recordar a última, actuaron Ana Crismán única arpista flamenca e Jonathan Mayer coas ragas de Tagore.

Esta nova vén de ser moi ben recibida por parte da entidade organizadora, o Concello de Parada de Sil, e nomeadamentte polo seu alcalde Aquilino Domínguez e o concelleiro de Cultura porque un dos obxectivos trazados na posta en valor do Mosteiro e dar a coñecer o máis posible, e neste daxo na U.E esta xoia que a dicir dos músicos que teñen actuado é un dos lugares coa mellor acústica que ten atopado.
Dende o Concello tamén se agradece a Shelly Art a a posta en marcha deste ciclo e día o alcalde que xa está a traballar na seguinte edición do que considera o seu proxecto cultural estrela. Na primavera contan con presentar a cuarta edición que se celebrará en principio os sábados 20 e 27 de mes de setembro deste ano.