ConcellosQuirogaÚltima hora

O CIM de Quiroga celebrará o 8 de marzo a cea de confraternidade entre mulleres da comarca

 

O Centro de Información á Muller de Quiroga, coincidindo co Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, ten organizada a tradicional Cea de Confraternidade entre Mulleres. A cea terá lugar o venres día 8 a partir das nove e media da noite no Centro Social de Quiroga con cátering do Ruxe-Ruxe. A cea rematará cun concerto dos Gin Toni’s.

As mulleres interesadas en participar teñen que retirar a invitación, que ten un custo de 25€, no CIM de Quiroga antes do 5 de marzo. Esta cea servirá ademais de homenaxe ás mulleres da comarca. Para realizar esta distinción é preciso recoller fotografías de mulleres que viviron ou viven na comarca de Quiroga.

“Todas as persoas que queiran colaborar con este proxecto poden entregar as fotos daquelas mulleres -ás que se consideran que se debe render homenaxe- indicando si destacaron ou destacan por algunha circunstancia”, segundo informa o Concello de Quiroga. As fotografías debidamente identificadas, pódense enviar a través do correo electrónico cim.quiroga@eidolocal.com

 

Artigos relacionados

Back to top button