CulturaCultura

O Cineclube Padre Feijóo inicia o ciclo “Magníficos” co filme “A Doncela” de Park Chan

 

Fotograma de “La Doncela”

Despois da “Primavera Musical”, o Cineclube Padre Feijoo non cesa a súa actividade, e para esta tempada trae “as mellores flores que agroman a primavera” co seu ciclo “Os Magníficos” no que traen directores como Pak Chan-Wook, Jum Jarmusch, Robert Guédiguian, Asghar Farhadl, Jean Pierre e Luc Dardenne e Paolo Virzí.

Cartel do ciclo “Magníficos”.

Para mañá, 3 de abril, traen “A Doncela”, de Park Chan Wook, cualificada como unha das películas máis belas do ano, está ambientada na antiga Corea dos anos 30 ocupada xa polas forzas imperiais do Xapón e está baseada na novela británica “Falsa Identidade”, de Sarah Waters. O argumento xira en torno a un triángulo que, baixo aquela atmosfera opresiva, deriva inevitablemente cara ao crime e o sexo. Até o de agora conseguiu un total de 54 premios e 73 nomeamentos.

A proxección será o mércores, 3 de maio, na Biblioteca Pública de Ourense en dous pases, un ás 18:00 e outro ás 21:00 horas. A entrada terá un custo de 4 euros para asociados e 5 para o público en xeral.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button