Concellos

O claustro gótico do antigo convento de San Francisco de Ourense volve estar aberto ao público

Un acceso provisional ao claustro que permite que este BIC poida ser visitado mentres duren as obras de reforma de todo o complexo

A apertura ao público do clautro gótico do antigo convento ourensán de San Francisco xa é unha realidade. Tiña lugar na tarde do 27 de xuño, cun concerto do quinteto portugués “Mi contra Fa”. As obras realizadas son, segundo o Concello de Ourense, independentes do proxecto xeral do Arquivo Histórico e da Biblioteca Pública, e “significan a apertura dunha das pezas máis significativas do patrimonio monumental de Ourense que permanece pechado dende hai varios anos”.

Agora engádese un acceso provisional ao claustro que permite que este Ben de Interese Cultural (BIC) poida ser visitado mentres duren as obras de reforma de todo o complexo de San Francisco. A apertura ao público resposta á sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e o Ministerio de Cultura, mediante o cal o Concello asume a xestión da apertura, vixilancia e mantemento do claustro.

Texto: O Sil/Redacción Ourense

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button