Neste sábado 13 de decembro os membros do Club Peña Trevinca Barco realizaban unha marcha de montaña ata Pena Trevinca para cumprir coa tradición: colocar o nacemento “como levamos poñéndoo desde hai moitos anos”.
Un total de 36 persoas participaban nesta actividade que comezaba cando collían o autobús para dirixirse ata a Cabrita. Ao principio atopaban neve, pero despois despexaba o día nunha marcha na que o branco dominaba a paisaxe do teito galego.
Unha vez alí, encargábanse de colocar o belén aqueles que nunha subiran a Trevinca: Alberto, Iago e Arisna unha nena que vai facer 11 anos.
Despois , o grupo iniciativa o camiño de volta e compartía un xantar no Albergue de Casaio, propiedade de Pedro e Elba. “Foi unha magnífica xornada e mellor compañía”, resume o presidente do club, Miguel de la Cal.
Fotos cedidas.
