EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

O Clúster da Pizarra de Galicia premia a excelencia académica no Bacharelato, en Valdeorras e Quiroga

Pablo VI da Rúa.

 

O Clúster da Pizarra de Galicia premia a excelencia académica no Bacharelato, recoñecendo aos mellores expedientes das zonas de Quiroga, A Rúa e O Barco de Valdeorras, nunha iniciativa que “pon en valor o talento e a formación das novas xeracións vinculadas ao territorio”, aseguran a través das redes.

As estudantes premiadas son:

  • Na zona de Quiroga, Araceli López Gallego (IES de Quiroga)
  • Na zona da Rúa, Cintia Anabel Pérez González (Colexio Pablo VI)
  • Na zona do Barco comparten o premio ao sacar a mesma nota as irmá xemelgas Eva López García e Nerea López García (IES Martaguisela, O Barco)

 

IES Martaguisela do Barco.

 

“Cada alumna recibiu un diploma e un premio económico de 300 euros (no caso do Barco cantidade repartida entre as dúas estudantes)”, tal como indican deden o Clúster, que foi entregado polo xerente, Severino González, nos propios centros educativos.

 

IES Quiroga.

 

Fotos: Clúster da Pizarra de Galicia

Back to top button