CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosSen categorizarÚltima hora

O colexio de Trives celebra a fin de curso

Os alumnos desfrutaban dunha xornada chea de propostas lúdicas e obradoiros

O patio do CEIP Manuel Bermúdez Couso acollía o 18 de xuño a festa de fin de curso deste centro educativo trivés. Resultou unha xornada chea de actividades para os máis cativos como un obradoiro de tatoos, cabalos, un obradoiro de maquillaxe, inchables, xinkana deportiva, contacontos,… e máis xogos. Todo isto fixo que todos os pequenos do colexio non pararan dende as 11 da mañá ata as 5 da tarde.

Tamén se achegaban ata o centro dous concelleiros que fixeron a entrega dos diplomas aos participantes nas Escolas Deportivas do Concello de Trives. A comida foi ofrecida polo colexio e a merenda por parte da Anpa. Estas actividades de fin curso foron promovidas conxuntamente entre a ANPA O Recreo e as Escolas Deportivas do Concello.

Fotos cedidas pola ANPA O Recreo (Juan José Pérez) e Escolas Deportivas do Concello (Tino Sierra).

Artigos relacionados

Back to top button