OurenseÚltima hora

O Colexio de Veterinarios de Ourense fai entrega de lectores de microchip a axentes do Seprona

No marco do Protocolo Xeral de Actuación, asinado en outubro de 2024, entre a Comandancia da Garda Civil de Ourense e o Colexio de Veterinarios, vén de ter lugar un acto de entrega dos lectores de microchip a axentes do instituto armado. Así o presidente do Colexio de Veterinarios de Ourense facía entrega de 9 lectores do microchip á Unidade de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Ourense. Isto permitiralles a identificación de animais extraviados e garantir o cumprimento da Lei de benestar animal.

O Servizo de Protección da Natureza asume as competencias que ten asignadas a Garda Civil respecto ao cumprimento das disposicións relacionadas coa conservación da natureza e o medio ambiente, os espazos protexidos, os recursos hidráulicos, a caza e a pesca, os malos tratos animais, os xacementos arqueolóxicos e paleontolóxicos e a ordenación do territorio.

 

 

O citado Protocolo pretende lograr unha maior coordinación e cooperación entre ambos os organismos, especialmente en termos de sanidade e benestar animal, e da saúde pública no ámbito da veterinaria.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button