Din que non volverá verse ata dentro de 80.000 anos. Na pasada fin de semana podía observarse dende diferentes partes de Galicia, entre elas Valdeorras, o paso do Tsuchinshan-ATLAS, máis coñecido como o “cometa do século”.
Podía verse a simple vista e tamén fotografarse, tal e como pode comprobarse nestas imaxes cedidas amablemente ao Periódico O SIL.
Fotos: Javier Rodríguez.