OurenseÚltima hora

O Concello abre os espazos educativos públicos para o lecer no verán

Catro centros escolares de Educación Primaria, as bibliotecas públicas municipais e a Aula da Natureza do río Miño acollerán actividades
A presentación das actividades e dos horarios tivo lugar na mañá de onte.
A presentación das actividades e dos horarios tivo lugar na mañá de onte.

A Concellería de Educación presentaba na mañá do 30 de maio as Actividades de Verán 2016 para Escolares, que se celebrarán nos meses de xullo e agosto. “A maior novidade deste ano é que ampliamos o horario nos centros escolares unha hora para conciliar as obrigas familiares co lecer dos pequenos”, dixo Belén Iglesias, concelleira de Educación, durante a presentación. O prazo para anotarse estará aberto do 1 ao 15 de xuño a través da mesma Concellería de Educación. Tamén pode ser a través do teléfono 988 388 136.

Segundo este avance, os centros escolares do CEIP Amadeo Barroso, o CEIP O COuto, CEIP Mestre Vide e CEIP Prácticas abrirán de 8:30 a 14:30h durante o mes de xullo. Acollerán a alumnado de Educación Primaria de entre seis e doce anos. A cota de inscrición ten un custe de 10 euros.

No caso da Aula da Natureza do Río Miño, abrirá en horario de 10 a 13 e de 17 a 19h durante xullo e agosto. Tamén estará dirixido a alumnado de Educación Primaria.

Pola súa banda, as bibliotecas municipais permanecerán abertas todo o estío en horario de 10:30 a 13h. Poderán acoller a nenos de idades comprendidas entre os catro e os 10 anos. As bibliotecas incluídas son a BPM A Carballeira, BPM San Francisco e BPM A Ponte.

Artigos relacionados

Back to top button