ConcellosLaroucoÚltima hora

O Concello de Larouco condea os actos vandálicos acontecidos no municipio

Exterior da Casa do Concello de Larouco./ Foto: A.R.

 

No pleno ordinario do 26 de marzo de 2025, a Corporación municipal de Larouco amosaba o seu “firme rexeitamento e condena aos actos vandálicos acontecidos no noso concello desde o inicio da lexislatura actual. Lamentamos moito o roubo de mobiliario, as pintadas nos sinais, os danos nos sinais de tráfico e os insultos nas redes sociais, que afectaron especialmente a alcaldesa, aos concelleiros e a un empregado do concello”, segundo o escrito asinado polos voceiros municipais, Patricia Lamela e Jesús Martín.

Así mesmo, aseguran que “como representantes municipais, queremos manifestar o noso apoio aos afectados e facer fincapé en que ninguén, independentemente da súa función pública ou privada, debe ser obxecto de faltas de respecto ou ataques persoais. Cremos firmemente no diálogo e a convivencia respectuosa como fundamento da nosa comunidade. Entendemos que poden existir diferenzas de opinión, pero estas deben expresarse sempre con respecto e responsabilidade. Por iso, denunciamos desde o primeiro momento esta situación ás autoridades competentes e seguimos traballando para que estes feitos non se repitan”.

Finalmente fan un “chamamento á cooperación cidadá para preservar o benestar da nosa comunidade e evitar que estas actuacións causen molestias e gastos innecesarios ao municipio. Agradecemos a todos os nosos veciños o seu compromiso coa convivencia e o respecto mutuo”.

Back to top button