
O sistema de manexo e xestión tradicional de silvopastoreo na serra aínda segue vivo nas terras de Manzaneda, cuxos curros aínda gardan o gando durante o verán. Un patrimonio etnográfico vivo e que o Concello de Manzaneda pretende promover e que se desenvolve no monte de utilidade pública Dehesa de Prada dentro do espazo natural protexido de área de monta Zona de Especial Conservación Comunitaria ZEC Macizo Central.
Nese senso, o Concello vén de asinar un convenio coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para a adecuación do curro de pastores de A Mosenda. Manzaneda aínda presenta vivo o sistema de manexo e xestion tradicional de silvopastoreo de “semi-trashumancia”
Para o caso concreto dos Curros da Mosenda Álvaro, Malén e Melén son os pastores que levan dende nenos subindo co gando á serra a partir do verán na procura de pastos frescos. Alí pasan a estación, acompañados dos seus mastíns, gardando os animais nos curros durante á noite. Coa chegada do outono, regresan co gando á aldea.
“A sabedoría no recoñecemento da nosa serra e do comportamento da rés; así como binomio gandería-lobo fan que estes pastores sexan historia viva de Manzaneda. Por elo debemos procurar adecentar e mellorar as construcións tradicionais do manexo do gando, así como dar a conocer as pecularidades e valores do patrimonio cultural material e inmaterial vencellado ao pastores no Macizo de Manzaneda”, aseguran dende o Concello de Manzaneda.
En concreto o convenio asinado entre o Concello de Manzaneda e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural conleva que na presente anualidade 2025 se executen actuacións de adecentamento e integración ambiental, eliminando ou rematando convenientemente materiais ou técnicas construtivas desacordes, así como adecuación e melloras do uso tradicional do manexo silvopastoril dos pastoreo dos curros de veceira por un importe de 42.011,26 euros
As actuación en concretro corresponden en retirar a cuberta de chapa verde non axeitada na Mosenda, e a realización dunha nova cuberta cunha solución de mellor integración paisaxística.

“Do mesmo xeito execútase unha pérgola aberta para o manexo adecuado da res, e seguirase a mesma tipoloxía de pórtico de madeira aserrada con piares de madeira apoiados sobre enanos de formigón armado, con posterior cubrición de lousa a granel, colocada sobre una barreira impermeable a auga e permeable ao vapor de auga sobre enrastrelado de madeira. Tamén se adecuarán as portas de entrada ao curro, tanto do espazo habitable coma do gando”, segundo o Concello.
Adecuación das propias construccións o uso do manexo silvopastoril senlleiro do noso territorio, así como o labor da integración ambiental e do propio fortalecemento da continuidade do pastoreo transhumante, declarado pola UNESCO como patrimonio cultural inmaterial da Humanidade, son, para o Concello de Manzaneda, “necesidades prioritarias a acometer para a potenciación de elementos que manteñan os nosos valores culturais vencellados a usos de silvopastoreo tradicionais existentes, promocionando a actividade agraria e recuperación natural da nosa zona e vinculado estes usos ao contacto con actividades de paseo e interpretacións dos noso patrimonio natural e cultural”.
Esta construcións de curros e chozos de pastores pola serra son elementos dentro do espazo natural protexido ZEC Macizo Central Rede Natura 2000 e catalagodos no Plan de Ordeacion do Medio Rural do Concello de Manzaneda coa ficha B.21 como curros cercados e construcións singulares da serra de Queixa, cunha cronoloxía popular, uso agrícola-gandeiro tradicional, estado de conservación deficiente e protección integral polo que se obtiveron os permisos sectorial de patrimonio cultura e patrimonio natural.
Do mesmo durante as actuación realizarase un seguimento da adecuación da execución e da súa adecuación ambiental por persoal técnico cualificado.
Ademais, esta non será unha actuación illada, “senón que xa disponemos da financiación económica a través de cooperación provincial da Deputación de Ourense, para mellorar a integración ambiental do curro do Forxo. Con todo aínda nos atopamos neste segundo caso na fase da redacción de proxecto e obtención de permisos sectoriais para tamén se estima que se execute as actuación na presente anualidade 2025”, segundo o Concello de Manzaneda. “Queda demostrado que Manzaneda e o noso Macizo somos enclaves senlleiros con compriso, arraigo e apego polos nosos valores e tradicións culturais”, conclúe o seu equipo de goberno.