SanidadeÚltima hora

O Concello de Ourense aproba a licenza das obras de ampliación do CHUO

O expediente foi aprobado hoxe pola Xunta de Goberno Local
Esta é a licenza de obra definitiva para a ampliación do Complexo ourensán. 

O Concello de Ourense vén de aprobar, na Xunta de Goberno celebrada hoxe, 8 de xuño, a licencia das obras de ampliación do CHUO, correspondentes á fase 1 do Plan Director H2050. “Trátase dunha noticia de enorme trascendencia para Ourense, tendo en conta que posibilitará a apertura desta importante infraestrutura sanitaria”, explicaba o alcalde, Jesús Vázquez, en rolda de prensa. Durante a tramitación do expediente -o Sergas presentara toda a documentación para solicitar a licencia o 27 de setembro de 2016- “xurdiron importantes contratempos entre os que habería que sinalar a declaración de nulidade do proxecto de urbanización orixinario levada a cabo polos tribunais, así como a anulación das Normas Provisionais”, dixo o rexedor.

Estas cuestións “atrasaron e complicaron a tramitación do expediente”, o que fixo necesaria a resolución do mesmo, “coa fin última de contribuír á apertura e funcionamento deste equipamento”. A concesión da licencia prodúcese por silencio positivo, e segundo consta no informe técnico, a natureza desta solicitude -ao tratarse dun equipamento asistencial de evidente interese público- ten un claro carácter estratéxico e de vital importancia para a cidadanía. “É dicir, esta é a licencia de obra definitiva para a ampliación do CHUO”, sentenciaba Vázquez.

Este anuncio dase despois de que onte, 7 de xuño, a Consellería de Sanidade, concretamente o conselleiro, Jesús Vázquez Almuíña, anunciase nunha comparecencia no Parlamento de Galicia, que o novo edificio de hospitalización estará listo para comezar a traballar no mes de setembro.

 

Artigos relacionados

Back to top button