OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense estrea nova páxina web

As modificacións fan que sexa unha interface “máis accesible e transparente para a cidadanía”
Captura de pantalla da nova web do Concello de Ourense.
Captura de pantalla da nova web do Concello de Ourense.

O Concello de Ourense presentou a nova imaxe da web municipal baixo o dominio “ourense.gal”. Este novo espazo na rede “é máis útil, sinxelo, práctico, accesible e transparente cunha mellora do deseño”, resaltaron dende o consistorio. O alcalde Jesús Vázquez, destacou que a antiga web “databa do 2004, e precisaba unha nova imaxe xa que o xestor de contidos estaba certamente obsoleto e dificultaba a actualización de contidos que unha cidade como esta precisa”. A isto engádese que “con esta nova ferramenta pode manterse actualizada polos diferentes departamentos municipais sen maior problema”, dixo.

Outra das cousas que cabe salientar desta nova web é que presenta un lugar de encontro entre o Concello e a cidadanía, “permitíndolle a esta estar ao día de toda a actualidade municipal”. O concelleiro de Proxección Económica e responsable da área de Sistemas de Información, Jorge Pumar, resaltou que esta renovación ten un dobre obxectivo: “mellorar a nosa comunicación e gañar en coherencia e efectividade”.

O custo de reforma da web, informaron dende Concello, foi de 6.060 euros. As melloras inlcuíronse na meirande parte das seccións que agora preséntanse en formato blog, con apertura ás novas canles sociais – o que permite compartir a información e unha maior difusión para á cidadanía-. Por outra banda, inclúese a xeolocalización en Google Maps para que os cidadáns “poidan localizar facilmente os servizos municipais”, resaltaron. Outra novidade salientable son as seccións de “Axenda Institucional”, que permitirá á cidadanía saber o que fai o alcalde diariamente, e tamén a de “O alcalde responde”, que establece unha vía de comunicación directa do rexidor coa veciñanza. Finalmente, haberá un espazo plural de disfusión onde os distintos grupos municipais poderán informar á cidadanía da actualidade relativa á súa axenda municipal.

 

Artigos relacionados

Back to top button