OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense retira un cedro que caía nos xardíns de Padre Feijóo a causa da chuvia e o vendaval

 

O Concello de Ourense retiraba está mañá un cedro de grandes dimensións que caeu no día de onte, ás 10:30 horas, a causa do vendaval nos xardíns de Padre Feijóo da cidade.

Segundo advirten os técnicos municipais e os da empresa de mantemento,” a árbore atopábase en perfecto estado e a súa caída responde a acumulación de dous factores: as intensas chuvias, que humedeceron extraordinariamente o terreo no que se asentaba a peza, e o forte vendaval rexistrado no día de onte na cidade”, tal e como informa o Concello de Ourense.

Non houbo que lamentar ningún tipo de dano a persoas.

Artigos relacionados

Back to top button