ConcellosParada de SilÚltima hora

O Concello de Parada de Sil homenaxea aos nenos

Vén de organizar unha exposición cos debuxos que os cativos realizaban no confinamento, seguida dunha merenda de confraternidade

 

Durante os meses de confinamiento dende o Concello de Parada de Sil animábase aos cativos do Concello a que plasmasen en debuxos as súas sensacións e experiencias neses momentos. Despois, recollíaos a través de Protección Civil e reuníaos nunha exposición que se amosaba onte na sala de usos múltiples do Concello, no marco dunha festa para os máis pequenos.

Ademais, cada neno podía votar polo debuxo que máis lle gustase. Despois Protección Civil explicáballes aos nenos en qué consiste o seu labor e amosáballes os medios dos que dispoñen, que causaron a admiración dos cativos.

 

 

Tamén interviña o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, quen agradeceu o comportamento dos nenos durante o confinamiento sendo, dixo, “de admirar”. Tamen agradeceu o compromiso de Protección Civil co Concello día a día. O acto finalizaba cunha merenda de confraternidade.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button