
Catas, música, exposicións, homenaxes e mesmo premios. Todo listo para a LXIII Feira do Viño de Quiroga, que se celebrará na fin de semana do 18 ao 20 de abril. O Concello de Quiroga vén de dar a coñecer neste domingo o seu completo programa, que se iniciará con catas de espumosos o día 18, xornada que ademais se celebrará, ás 19:30h. un acto de homenaxe aos precursores da mostra na Casa da Cultura da vila.
Xa ás 21h. terá lugar a apertura ao público das casetas participantes nesta edición da feira. Non faltará tampouco a música.
Entre os referentes do sábado 19 de abril, no que as casetas abrirán ás 11h., figuran o XVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas “Memorial Muíño” e o pregón do ex xogador de baloncesto Fernando Romay ás 20:30h, xunto coa actuación de La Banda de ayer ás 21h.
Xa o domingo, 20 de abril, cabe destacar, entre outros actos, as actuacións do grupo O Recanto e da Banda de Música de Antas de Ulla.
