
O alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá convertíase en protagonista da celebración do Día das Letras Galegas na tarde deste 18 de maio.
O Concello agasallábaos con libros en galego, adaptados por idade, en cada ciclo. Eran entregados pola concelleira de Cultura de Rubiá, Laura Iglesias. Un ano máis o Concello de Rubiá volve poñer o foco nos máis pequenos na celebración das Letras, que nesta ocasión están adicadas á escritora e xornalista viguesa Begoña Caamaño.
Fotos cedidas.

