ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

O Concello de San Xoán de Río aposta por crear a súa Comunidade Enerxética

 

San Xoán de Río terá a súa Comunidade Enerxética, tal e como vén de anunciar o seu Concello. Desta maneira únese á Transición Enerxética Rural para a xeración eléctrica e consumo propio para os veciños do municipio. Esta iniciativa foi impulsada a través da participación do seu alcalde Xose M. Pérez nas Xornadas sobre Comunidades Enerxéticas en Abenójar (Ciudad Real) para coñecer modelos de éxito.

O modelo de CEL Management, que seguirá Río, é sen investimento por parte do cooperativista, “cun gran potencial social, no que se pode beneficiar calquera veciño e empresa do municipio, con estudos individualizados e con instalacións a medida para as necesidades do municipio, sempre con undimensionamiento adecuado a lascaracterísticas do municipio”, aseguran.

A modalidade elixida foi a de Cooperativa Mixta de Consumidores e Usuarios, na que poderán acceder de forma voluntaria e sen permanencia tanto persoas físicas, pemes e Administración Local. Na primeira fase vai desenvolver a xeración de enerxía fotovoltaica e grazas formato de autoconsumo compartido sepodrá abastecer a todos os veciños e pemes desde as localizacións municipais e que pretende aforrar entre un 20% e un 40% no seu custo de consumo eléctrico desde o momento que as instalacións estean en funcionamento. Posteriormente, nas seguintes fases poderase ampliar a potencia, utilizar almacenamento de enerxía etc.

O obxectivo desta cooperativa é “a democratización da enerxía con fontes de enerxías renovables para que San Xoán de Río sexa un municipio máis sostible e que beneficiará a todos os socios cooperativistas que sexan partícipes desta iniciativa proposta por CEL Managementy Grupo Rural Manager”, aseguran dende esta empresa galega especializada na xestión e aceleración de espazos rurais.

Artigos relacionados

Back to top button