EconomíaEconomíaÚltima hora

O Concello de Verín impartirá un curso oficial, gratuíto para desempregados, de socorrismo en instalacións acuáticas

 

O Concello de Verín impartirá un curso oficial, gratuíto para desempregados, de socorrismo en instalacións acuáticas.O mesmo terá lugar desde o 28 de xaneiro ata o 25 maio, en horario de 16:00 a 21:00 horas.

As persoas que superen este curso, de 370 horas, obterán un certificado de profesionalidade que os habilitará para velar pola seguridade dos usuarios de piscinas e instalacións acuáticas, previndo situacións potencialmente perigosas e intervindo de forma eficaz ante un accidente ou situación de emerxencia.

As persoas interesadas en inscribirse ou ampliar información poden facelo a través do teléfono 988 41 00 00.

Artigos relacionados

Back to top button