Dende o Concello do Barco vén de infomarse de que desde hoxe está aberto o prazo para que presente a súa oferta calquera interesado na instalación dunha barra de bar durante as festas do Cristo do ano 2023. O tipo de saída é de 4.500 euros, e a barra adxudicarase á mellor oferta económica.
Os requisitos dos licitadores, características da barra e criterios de adxudicación, así como o resto dos detalles relativos a esta oferta están recollidos no anuncio publicado na Sede Electrónica do Concello do Barco, á que pode accederse a través do seguinte enlace: