ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco coloca no cemiterio 15 regadeiras para uso dos usuarios deste espazo

O Concello do Barco colocaba hoxe no Cemiterio Municipal 15 regadeiras para uso dos usuarios deste espazo. “Os veciños disporán de 3 regadeiras en cada un dos cinco sectores existentes no recinto. Este novo servizo xa foi estreado esta mañá polos usuarios, aos que se lles solicita que o usen de xeito responsable, e que procuren deixar as regadeiras nos puntos nos que están colocadas”, segundo se informa dende o grupo de goberno municipal.

Fotos cedidas.

 

Back to top button