ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco entrega ao banco de alimentos de Cáritas as doazóns da Carreira do Turrón

Cedida.

 

Esta mañá o Concello do Barco entregaba entregaronse ao responsable de Cáritas da UPA do Barco, o párroco Jesús Álvarez, os alimentos non perecedeiros entregados polos veciños participantes na última edición da Carreira do Turrón.

Son, en total, en torno a 300 quilos de alimentos, que serán xestionados agora polo Banco de Alimentos de Cáritas para a súa entrega ás personas máis desfavorecidas. A entrega demorouse no tempo por problemas alleos tanto ao Concello como ao Banco de Alimentos. Tanto o alcalde como o párroco expresaron o seu agradecemento aos veciños que colaboraron nesta iniciativa.

Back to top button