O Concello do Barco vén de facer público o seu programa de actividades con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. Está organizado pola Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade.
Do 1 ao 26 de marzo:
*Ciclo de cine “MULLERES NO CINE”: Coa colaboración do Cineclube Groucho Marx.
Cine comercial
No horario habitual do cine comercial
1 e 2 de marzo: Emilia Pérez de Jacques Audiard.
9 de marzo María Callas de Pablo Larrain.
Cineclube
No horario habitual , a excepción das proxeccións para os institutos que terán lugar en horario de mañá.
* Xoves 6 de marzo: Sempre nos quedará mañá de Paola Cortellesi.
* Mercores 12 de marzo: Caladiña de Miguel Faus
* Mercores 19 de marzo: Reas de Lola Arial.
* Mercores 26 de marzo: Cristina García Rodero, documental de Carlota Nelson.
Venres 7 de marzo:
Concentración na Praza do Concello con motivo do día da Muller ás 12h.
Lectura de manifestos: por parte do alumnado dos institutos de secundaria do Barco: Martaguisela, Lauro Olmo e Divina Pastora
Actuación musical: Colaboración do Conservatorio de Música do Concello do Barco.
Declaración institucional do Concello.
Teatro en colaboración coa Concellería de Cultura, Venres 7 de marzo, 21 horas. Teatro Lauro Olmo. Cita con tu Sexóloga. Monologuista, Silvia Pérez
Iluminación do Concello Vello.
