
O Concello do Barco de Valdeorras vén de informar dos horarios nos que se lanzarán as bombas de palenque durante as Festas da Santa Rita 2026, co “obxectivo de minimizar as molestias que este tipo de pirotecnia causa a persoas con sensibilidade auditiva, e aos animais de compañía”.
As tiradas estarán concentradas en momentos puntuais de curta duración:
Xoves 21 de maio
- – Entre ás 19:00 e ás 20:00 horas.
- – Ás 00:00 horas.Venres 22 de maio
- – Coincidindo ca procesión: Entre ás 12:00 e ás 13:00 horas.
- – Entre ás 19:00 e ás 20:00 horas.
- – Ás 00:00 horas.Sábado 23 de maio
- – Entre ás 19:00 e ás 20:00 horas.
- – Ás 00:00 horas.Domingo 24 de maio
- – Entre ás 19:00 e ás 20:00 horas.
- – Ás 23:00 horas.Esta planificación busca compaxinar a tradición festiva co benestar de toda a veciñanza do concello.